Asóciate e goza de ser +60!

As necesidades de aprendizaxe son constantes ao longo do noso ciclo vital  para adecuarnos a novas situacións ou esixencias, por razóns de superación e crecemento persoal, para o autocoidado da nosa saúde, para o manexo eficiente das nosas finanzas, etc.

A aprendizaxe ao longo da vida achéganos seguridade persoal e axúdanos a mantenernos comprometidos con nós mesmos e coa nosa contorna.

Para favorecer a adquisición de novos coñecementos ou de melloralos, dar resposta aos intereses máis variados e á inquietude por relacionarse con outras persoas con intereses afíns propoñemos unha ampla programación formativa en ámbitos relacionados coa arte, idiomas, saúde, educación financeira, historia, entre outros.

Consulta a nosa programación de:

  • +60 online: Mellora as túas tácticas e estratexias no xadrez

    +60 online: Mellora as túas tácticas e estratexias no xadrez

    Se sabes os movementos básicos das pezas de xadrez e queres mellorar e aprender as principais tácticas e estratexias, aperturas, medio xogo e finais, ao tempo que comentas algunhas das partidas emblemáticas dos grandes xadrecistas da historia, este curso é para ti. No curso usaranse ferramentas online para xogar partidas e organizar quedadas.
    • ONDE:

      Google Classroom +60
    • Datas:

      Do 5 de outubro ao 21 de decembro de 2022 (12 de outubro e 7 de decembro non lectivos)

    • Horario:

      Mércores, de 11.00 a 12.00 horas