• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Ciclo de cinema Sonoro empeño. Vigo

Cultura Proxeccións Maiores de 18 anos
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Ciclo de cinema Sonoro empeño. Vigo
  • 16-10-2019 20-11-2019 Ciclo de cinema Sonoro empeño. Vigo Acomódate nas nosas butacas con seis filmes recoñecidos por crítica e público que falan sobre arte Sede Afundación Vigo Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    16 de outubro a 20 de novembro 2019

  • Horario:

    19.30 h

Mercar

O proxecto Sonoro empeño, que agora estreamos en Vigo, trae canda si un atractivo ciclo de cinema con cinco filmes que falan de arte. Achégate á Sede Afundación olívica durante os meses de outubro e novembro e goza do celuloide cos títulos: Loving Vincent, La dama de oro, Big Eyes, El profesor de violín e Mr. Turner. Seis fabulosas proxeccións en versión orixinal subtituladas en español.

Retira as invitacións en Ataquilla.com

Entra aquí para máis información sobre a mostra parella ao proxecto e as actividades paralelas que programamos. 

 

CALENDARIO

16 outubro | Mr. Turner | 19.30 h

22 outubro | Loving Vincent | 19.30 h

5 novembro | La Dama de Oro | 19.30 h

12 novembro | Big Eyes | 19.30 h

20 novembro | El profesor de violín | 19.30 h

 

19.30 h

Entrada de balde ata encher a capacidade. Invitacións en ataquilla.com desde 5 días antes de cada proxección; e na billeteira do centro desde media hora antes. Suxeito a dispoñibilidade.

VOSE (Versión Orixinal Subtitulada en Español)

 

FILMES 

Mr. Turner

Mike Leigh, Reino Unido, 2014. 149 min NRM 12 anos
Elenco: Timothy Spall, Dorothy Atkinson, Marion Bailey, Paul Jesson, Martin Savage, Lesley Manville, Ruth Sheen, Roger Ashton-Griffiths

Biografía sobre o pintor británico, J.M.W Turner (1775-1851). Artista recoñecido, ilustre membro da Royal Academy of Arts, vive co seu pai e a súa fiel ama de chaves. É amigo de aristócratas, visita burdeis e viaxa frecuentemente na busca de inspiración. A pesar da súa sona, tamén é vítima das burlas do público e do sarcasmo da sociedade. Fondamente afectado pola morte do seu pai, decide illarse. A súa vida muda cando coñece a Mrs. Booth, propietaria dunha pensión familiar á beira do mar.

 

Loving Vincent

Dorota Kobiela e Hugh Welchman, Polonia, 2017. 90 min. NRM 12 anos
Elenco: Douglas Booth, Helen McCrory, Saoirse Ronan, Aidan Turner, Eleanor Tomlinson, Chris O'Dowd, Jerome Flynn, John Sessions, Holly Earl, Robert Gulaczyk, James Greene, Bill Thomas, Martin Herdman, Josh Burdett, Richard Banks, Shaun Newnham

Un ano despois da morte de Vincent van Gogh, o carteiro Roulin pídelle ao seu fillo Armand que entregue persoalmente a derradeira carta do artista ao seu irmán Theo, logo de que os seus intentos de lla enviar fallasen. A pesar de non o ter apreciado e lembrar o incidente de cando se mutilara a orella e lla dera a unha prostituta, Armand acepta a encomenda… Primeira longametraxe composta por pinturas animadas, en que cada fotograma é un cadro pintado sobre óleo por unha gran listaxe de excelentes artistas, inspirándose no estilo do xenio. Compoñen o filme un total de 56.800 fotogramas.  

 

La Dama de Oro (Woman in Gold)

Simon Curtis, Reino Unido, 2015. 109 min. NRM 7 anos
Elenco: Helen Mirren, Ryan Reynolds, Daniel Brühl, Tatiana Maslany, Charles Dance, Katie Holmes, Antje Traue, Max Irons, Elizabeth McGovern, Jonathan Pryce, Tom Schilling, Moritz Bleibtreu, Anthony Howell, Allan Corduner, Henry Goodman

Baseada nunha historia real. En 1998 Maria Altmann (Helen Mirren), unha muller xudía que fuxiu de Viena durante a II Guerra Mundial, volve sesenta anos despois para reclamar as propiedades que os nazis confiscaron á súa familia, entre as que se atopa o célebre Retrato de Adele Bloch-Bauer I, de Gustav Klimt. Un avogado mozo (Ryan Reynolds) terá a ben axudala na súa loita co goberno austríaco e coa Corte Suprema dos Estados Unidos. Ao mesmo tempo, Maria deberá enfrontarse ás terribles lembranzas do seu pasado.

 

Big Eyes

Tim Burton, Estados Unidos, 2014. 106 min. NRM 7 anos
Elenco: Amy Adams, Christoph Waltz, Danny Huston, Jason Schwartzman, Krysten Ritter, Terence Stamp, Heather Doerksen, Emily Fonda, Jon Polito, Steven Wiig, Emily Bruhn, David Milchard, Elisabetta Fantone, Connie Jo Sechrist, James Saito

Baseada nunha historia real. Margaret Keane comezou a ter un éxito inusitado nos anos 50 e 60 a raíz dos seus cadros, característicos polos grandes ollos dos personaxes que representaba. Eran nenas e nenos que cativaban debido á súa mirada penetrante. Walter Keane, o seu marido, tíñaa convencida de asinar as obras co nome del porque disque era moi hábil para as cousas do marketing... En canto ela comeza a decatarse da manipulación, Walter amosa todas as súas frustracións.  

 

El profesor de violín (Tudo que aprendemos juntos)

Sérgio Machado, O Brasil, 2015. 92 min. NRM 12 anos
Elenco: Lázaro Ramos, Kaique de Jesus, Elzio Vieira, Sandra Corveloni, Fernanda de Freitas, Hermes Baroli, Criolo, Rappin' Hood, Thogun Teixeira, Graça Andrade

Laertes (Lázaro Ramos), un violinista de gran talento que foi rexeitado na prestixiosa Orquestra Sinfónica do Estado, comeza a dar clases de música a adolescentes dunha escola pública en Heliópole, un barrio dunha zona deprimida de São Paulo. Esta experiencia cambiará a súa vida e a do seu alumnado... Inspirada na verdadeira historia do mestre brasileiro Silvio Bacarelli, que nos anos 90 conseguiu estimular a inclusión social e cultural da mocidade dunha das favelas máis grandes da cidade.

 

SONORO EMPEÑO

Arte e música danse a man para transformar a Sede Afundación de Vigo nun potente, dinámico e sonoro altofalante. 

O proxecto cultural SONORO EMPEÑO ofrece un compendio de actividades, con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA. Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. En conxunto, unha oferta encamiñada a xerar unha experiencia musical, sinestésica e inesquecible. 

A partir do 10 de outubro.

Coñece aquí toda a programación.

Big Eyes. Ciclo cine Sonoro empeño
Big Eyes. Ciclo cine Sonoro empeño
La dama de oro. Ciclo cine Sonoro empeño
La dama de oro. Ciclo cine Sonoro empeño
Loving Vincent. Ciclo cine Sonoro empeño
Loving Vincent. Ciclo cine Sonoro empeño
El profesor de violín. Ciclo cine Sonoro empeño
El profesor de violín. Ciclo cine Sonoro empeño
Mr. Turner. Ciclo cine Sonoro empeño
Mr. Turner. Ciclo cine Sonoro empeño
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078