Proxecto SONORO EMPEÑO. Vigo
Despois de pasar por Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela, o proxecto Sonoro empeño faise agora coa Sede Afundación en Vigo. Participa do 10 de outubro ao 4 de xaneiro dun paquete fascinante de actividades para todos os públicos que trata a arte en todas as súas manifestacións, partindo da pintura e a música, ata a gastronomía, a poesía ou o cinema. Todo ten cabida nun programa que inspira e reúne o público en encontros moi suxestivos con base na exposición do mesmo nome, en que se xunta unha selección incrible de obras de xigantes internacionais e nacionais coma Picasso, Castelao, Kandinsky ou Luís Seoane.
Vive unha experiencia única asistindo a un novo concepto de exposición co que poderás activar todos os sentidos. De outubro a xaneiro, podes participar de concertos, encontros poéticos ou degustacións culinarias ao redor da exposición homónima. A arte como nunca antes a viviras!
PROGRAMA
A EXPOSICIÓN «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación»
10 OUT. a 4 XAN. | Sede Afundación Vigo
Coñece obras incribles de Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho ou Xaime Quessada. Accede ao seu universo creativo da man das coleccións de arte ABANCA e Afundación e descubre moitas máis personalidades emblemáticas da pintura, ligadas nesta ocasión ao mundo da música. MÁIS INFO
Visita guiada inaugural á expo | 10 OUT. | 19.00 h | Prazas xa esgotadas!
VISITAS GUIADAS de asistencia libre | 24 e 31 OUT. | 7, 14, 21 e 28 NOV. | 5, 12 e 19 DEC.
19.00 h
CICLO DE CINEMA
Mr. Turner, 2014 (Mike Leigh) | 16 OUT.
Loving Vincent, 2017 (Dorota Kobiela e Hugh Welchman) | 22 OUT.
La dama de oro, 2015 (Simon Curtis) | 5 NOV.
Big Eyes, 2014 (Tim Burton) | 12 NOV.
El profesor de violín, 2015 (Sergio Machado) | 20 NOV.
CONCERTO NA SALA
Hércules Brass. «A obra de Rafael Úbeda como inspiración» | 17 OUT. | MÁIS INFO
Red Vox Gospel Choir | 21 DEC. | MÁIS INFO
INTERVENCIÓNS MUSICAIS
Carlos Quintá e a aula de acordeón diatónico da E-Trad | 9, 16, 23 e 30 NOV. | MÁIS INFO
OBRADOIROS MUSICAIS
«Moraima» da compañía Percubebé | 14 DEC. | MÁIS INFO
Obradoiros infantís de Nadal | 26 e 27 DEC. e 2 e 3 XAN. | Decontado, entradas en Ataquilla.com | MÁIS INFO