Conferencia con IÑAKI ZUBIZARRETA presentada por BELÉN COLOMINA en AfundaciónTV

4 MAR | Conferencia "Historia de vida. Historia de superación" | Iñaki Zubizarreta | 19.00 h | APÚNTATE
MÁIS INFO e INSCRICIÓNS para centros educativos a través de [email protected] ou chamando ao 698 178 239.
A través desta conferencia afondamos sobre a problemática do acoso escolar desde dous prismas necesarios e reveladores: o do acosado, Iñaki Zubizarreta, que o padeceu en primeira persoa; e o do acosador a través da experta Belén Colomina que achega a reflexión sobre este tipo de perfís.
VER CONFERENCIA
Iñaki Zubizarreta, deportista profesional (ex-xogador da ACB) e campión da Copa do Rei 1998 co Pamesa Valencia, narraranos o que tivo que loitar dentro pero, sobre todo, fóra da cancha. E de como para chegar ata aí, na súa adolescencia, debeu encarar o monstro do Bullying que a punto estivo de arrebatarlle a ilusión, a esperanza e a vida...
Esta é a Historia da súa vida, esta é unha Historia de superación porque, pase o que pase, sempre hai unha saída. SEMPRE.
Presenta Belén Colomina
"Desde hai máis de 15 anos, o meu traballo estivo dedicado á psicoloxía e á psicoterapia individual e grupal. Traballei en proxectos con mozos en risco de exclusión social, con medidas xudiciais, en proxectos de inserción así como na formación para profesionais e familias de adolescentes.
O meu traballo e dedicación á psicoloxía é o mellor aval dos diferentes libros e manuais que escribín.
Non podería resumir o que fago sen concretalo na miña crenza de que un mundo mellor é posible. A miña aposta polos mozos, polo seu san desenvolvemento psicolóxico e polo acompañamento e psicoeducación ás familias, é o eixo central que sustenta a miña paixón pola psicoloxía, pola psicoterapia e por facilitar procesos saudables de crecemento."
Co ciclo Educación s. XXI dedicamos este mes de marzo á Saúde social contra o acoso escolar a través desta conferencia e dous encontros tamén online con Zubizarreta para alumnado.