
Manifesto pola solidariedade interxeracional
Propiciamos espazos de encontro enmarcados nun manifesto que reivindica en 10 puntos a necesidade de superar calquera forma de discriminación por razón de idade e a importancia de que as persoas de todas as xeracións aprendan unhas de outras, dialoguen e se respecten mutuamente.
Nós, os novos
E nós, os non tan novos
Manifiestamos:
- Que cada unha das nosas engurras son sucos da historia onde medra riqueza.
- Que cando a mocidade e os maiores nos tendemos as mans, a enerxía transfórmase e alumea os nosos pasos.
- Que o que din os libros é máis certo cando os seus protagonistas nolo contan.
- Que a nosa identidade se perde se ninguén escoita as persoas maiores.
- Que demandamos espazos en que atopármonos persoas de todas as idades, para convivir e aprender.
- Que o noso presente non existiría sen o que soñaron as persoas maiores, que o futuro da mocidade non existirá se non sabemos polo que eles e elas loitaron.
- Que entre maiores e mozos non hai distancia. Que xuntos construímos unha nova paisaxe de diálogo e respecto.
- Que algún día, aínda que os máis novos non o imaxinedes, seredes coma nós.
- Que xuntos traballaremos, desde hoxe, para que chegado ese día todos valoren a nosa experiencia.
- Hoxe asinamos, todos xuntos, que comezamos un novo camiño, da man.