As historias de vida dos maiores na emigración son o eixe do programa, articulado a través de dous encontros nos institutos e precedidos dun traballo preparatorio que se apoia en material e recursos didácticos aportados por Afundación. Maiores e estudantes comparten experiencias, reflexións e emocións, establecendo relacións baseadas no respecto mutuo.

Para os estudantes supón unha oportunidade de coñecer a historia da man dos seus protagonistas e de aprender valores de emprendemento, de esforzo, de superación e de adaptación; para as persoas maiores voluntarias sentírense escoitadas, útiles e recoñecidas; e para a comunidade educativa a oportunidade de experimentar con novas modalidades de aprendizaxe non formal.

Se estás interesado en saber máis: