• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición: A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego. PONTEVEDRA

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición: A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego. PONTEVEDRA
  • 20-10-2021 15-01-2022 Exposición: A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego. PONTEVEDRA Unha reflexión a través da arte audiovisual, fotográfica, musical e poética sobre o pasado e o futuro das aldeas galegas como filosofía de vida Café Moderno Afundación Pontevedra Praza de San Xosé, 3. Pontevedra (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Café Moderno Afundación Pontevedra

    Praza de San Xosé, 3. Pontevedra (Pontevedra)

  • Datas:

    20 OUT A 15 XAN 2022

  • Horario:

    LUNS A VENRES 17.30 A 20.30 h

    SÁBADOS 11.00 A 14.00 h e 17.30 A 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

Visita virtual

CAFÉ MODERNO AFUNDACIÓN | PONTEVEDRA

Novo proxecto expositivo interdisciplinar que reflexiona sobre as formas de vida vencelladas ao rural galego, a súa iconografía, a súa presenza na cultura contemporánea e a sostibilidade do medio. Da man de Aser Álvarez, director, guionista e produtor galego, «A vida lenta. Memorias e ritmos do rural galego», conxuga máis de 70 fotografías, máis de 40 minutos de pezas audiovisuais, fragmentos poéticos e música nun proxecto pensado como instrumento para fomentar o debate contemporáneo e a revisión dunha realidade esencial para a conformación da identidade en Galicia.

 

  • VISITA GUIADA INAUGURAL con Aser Álvarez e Moisés Quintas
    PÚBLICO XERAL | 19.00 h | DE BALDE 

    O músico Moisés Quintas, creador da banda sonora da exposición, acompaña a visita interpretando fragmentos de diversas pezas musicais tradicionais a través de frautas primitivas que foron usadas nas aldeas galegas ao longo dos séculos.
    INSCRICIÓN Á VISITA AQUÍ

 

ASER ÁLVAREZ | comisario

 

Tamén podes acceder á VISITA VIRTUAL clicando no botón da esquerda.

 

A EXPOSICIÓN
Conta con valiosos fondos documentais fotográficos e cinematográficos sobre o rural galego desde 1930 ata finais do século XX: a colección de Jaume Lloveras e Juan Piñeiro Andión (1978-1986), o arquivo do fotógrafo lugués Carlos Valcárcel e os Fondos Fotográficos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Cada un deles achega unha perspectiva diferente sobre unha mesma realidade, e é esta diversidade de perspectivas a que favorece unha precisa análise sobre as representacións do rural, aquelas que foron constituíndo, tamén lentamente, o imaxinario colectivo.

Algúns dos poetas gañadores do Premio de Poesía Afundación, como Olalla Cociña, Miguel Sande, Gonzalo Hermo e Oriana Méndez, tamén amosan na mostra varios versos co obxectivo de reflexionar sobre a presenza da natureza na cultura contemporánea.

E a nivel musical, Moisés Quintas crea a banda sonora da mostra, recreando o chiar dos carros, o ouvear dos lobos, o xirar das rodas de muíño ou o cravuñar das gadañas. El é un estudoso dos alalás, canto popular galego lento e executado nunha serie de notas sobre unha soa sílaba, formando un adorno, que remata frecuentemente con ‘ailalala, ailalala’ ou semellante.

Quintas inspírase especialmente na obra fotográfica de Carlos Valcárcel. 

Eu son un namorado dos alalás. Comecei a tocalos con distintos instrumentos que imitan a natureza, o vento, os paxaros, o son do carro… Instrumentos que nacen da mesma terra, de barro, de cana, de óso ou corno… As frautas que interpreto reflicten a evolución deste instrumento, tocándose en Galicia en distintos momentos e contextos ao longo da historia, desde frautas pastoriles feitas polos propios pastores en cana, óso ou corno ata outras máis elaboradas talladas en madeira ou metal e fabricadas por artesáns cunha finalidade máis profesional, para seren empregadas en grupos de música tradicionais ou bandas populares.

Velaquí as distintas frautas que toca Moisés Quintas na banda sonora: frauta de óso de cabrito, frauta de corno de cabra “Caramela”, frauta de barro cocido “Ocarina”, de bico de cana “Pitos Galegos” e frautas traveseiras de cana, de madeira “Requinta” e de metal.

Con esta iniciativa, Galicia convértese na primeira comunidade de España en abordar unha exposición monográfica cos fondos catalogados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. 

Esta exposición desenvólvese nunha conxuntura en que a preocupación pola conciliación persoal, a convivencia co medio natural e a análise dos nosos ritmos vitais está a experimentar unha reflexión intensa a consecuencia da pandemia. A teor deste contexto, o traslado ao rural ou a núcleos de poboación máis reducidos preséntase como un garante de calidade de vida. O que noutrora fora deostado como antítese do progreso, contémplase agora como posible solución dos desequilibrios de demografía territorial.

 

  • VISITAS DIDÁCTICAS PARA ESCOLARES 

    Visita conto | INFANTIL A 3º PRIMARIA | Do bo uso da curiosidade nace a creatividade

    Visita creativa | 4º PRIMARIA A 2º ESO | Apagón tecnolóxico, só apto para valentes

    Visita comentada | 3º ESO A BACHARELATO E CF | A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego

    1 € ESCOLAR
    Información y reservas en el 986 333 210

    MÁIS INFO

 
  • OLLAR EN BREVE
    Testemuñas audiovisuais de A VIDA LENTA
    Recursos concibidos e aloxados en Afundación TV

    Esta serie de testemuñas audiovisuais ilustran a diversidade e potencia creativa e cultural do rural. O rural acostuma asociarse unidireccionalmente cos valores da tradición, do esforzo e da cultura popular folclórica. A forza desta proposta reside en aprendermos que o rural tamén significa inspiración contemporánea, compromiso, vangarda e rebulideiro de creatividade.

    Elena Ferro - zoqueira
    Iria Ribadomar (Deica Creacións) - ilustradora e deseñadora 
    Javier Olleros (Culler de Pau) - cociñeiro 2 estrelas Michelín 
    Luís Davila (O Bichero) - artista gráfico e humorista gráfico
    Ana Corredoira (Granxa A Cernada) - gandeira e bióloga
    Davide Salvado - músico tradicional e activista rural

    Podes ver todas as testemuñas AQUÍ! 
 
 

PUBLICACIÓNS Á VENDA relacionadas coa temática desta exposición:

ANACOS DO RURAL: Unha revisión documental do pasado recente da Galicia rural, libro + 2 DVD | MERCAR

GALICIA RURAL: Un debate contemporáneo sobre o rural de Galicia,  libro + DVD | MERCAR

FILLOS DA TERRA de Juan Rodríguez | MERCAR

VIRXILIO VIÉITEZ: ÁLBUM de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal | MERCAR

RAMÓN CAAMAÑO: RETRATOS DA COSTA DA MORTE de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal | MERCAR

 

MEDIDAS COVID #CulturaSegura
 
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

- Asistencia obrigada con máscara

- Control da capacidade

- Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público

- Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas

- Desinfección rigorosa de espazos

- Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico

- Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade

 

A vida lenta. Charla da axente de economía doméstica da Sección Femenina
Vilamelle (Lugo) 1961
Autor: Orestes Pérez. Fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
A vida lenta. Charla da axente de economía doméstica da Sección Femenina Vilamelle (Lugo) 1961 Autor: Orestes Pérez. Fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Mulleres segando centeo en Barro, Pontevedra, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Mulleres segando centeo en Barro, Pontevedra, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Seitura á man, Negueira de Muñiz, Lugo, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Seitura á man, Negueira de Muñiz, Lugo, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Nenos nunha casa labrega
(Lugo) 1969. Colección persoal Carlos Valcárcel
Nenos nunha casa labrega (Lugo) 1969. Colección persoal Carlos Valcárcel
Lavandeiras no río Miño
(Lugo) 1960. Colección persoal Carlos Valcárcel
Lavandeiras no río Miño (Lugo) 1960. Colección persoal Carlos Valcárcel
Moza nun cuarto nunha casa labrega
(Lugo) 1968. Colección persoal Carlos Valcárcel
Moza nun cuarto nunha casa labrega (Lugo) 1968. Colección persoal Carlos Valcárcel
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078