Mes do Medio Ambiente XUÑO 2021. ACTIVIDADES
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente (5 XUÑ) e do Día Mundial dos Océanos (8 XUÑ), programamos unha serie de actividades moi interesantes sobre conciencia medioambiental durante todo o mes de xuño. Conferencias, exposicións, accións de voluntariado en diferentes espazos costeiros de Galicia, etc.
Benvidas e benvidos ao Mes do Medio Ambiente con Afundación para informármonos un pouco máis sobre o equilibrio da natureza e buscar a maneira de modificar os nosos hábitos de vida para adaptarnos a ela.
AXENDA
3 XUÑ | Conferencia con José Luis Crespo. Físico e divulgador | AfundaciónTV
5 XUÑ | PLANCTON. Voluntariado de limpeza | Illa de Ons
8 XUÑ | Presentación do proxecto Redes vivas ABANCA
10 XUÑ | Conferencia con Déborah G. Bello. Química e divulgadora | AfundaciónTV
12 XUÑ | PLANCTON. Voluntariado de limpeza | Praia de Razo, Baldaio
17 XUÑ | Conferencia con Teresa de Castro. Profesora de Física da Universidade de Vigo | AfundaciónTV
19 XUÑ | PLANCTON. Voluntariado de limpeza de fondos | Illote Guidoiro-Areoso
24 XUÑ | Conferencia con Sebastián Villasante. Profesor de Economía da USC | AfundaciónTV
EXPOSICIÓNS
O Noso Planeta | Sede Afundación Lugo
Os nosos Océanos | Praza Maior de Lugo
Galicia a un paso de ti | Sede Afundación Ferrol
A vida lenta… | Sede Afundación Vigo
Fillos do Océano | A Rúa | Muxía
O Mar nas coleccións ABANCA e Afundación (Agalería) + Interactivo da elevación do nivel do Mar
MEDIDAS COVID #CulturaSegura
Todas as actividades presenciais contarán coas medidas pertinentes para que participes de maneira segura.
Ademais, nas exposicións no interior dos nosos edificios:
- Asistencia obrigatoria con máscara
- Control de capacidade
- Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público
- Xel hidroalcohólico en múltiples puntos dos edificios e saídas
- Desinfección rigorosa de espazos
- Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren contacto físico
- Supervisión na sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade